Calculadora do canon da auga

Coa seguinte calculadora poderá coñecer canto é o canon da auga que terá que pagar na súa vivenda coma no seu negocio.

O canon da auga incorpora un sistema de tarifación por tramos de consumos que ten en conta o número de persoas no fogar. Polo tanto, para coñecer o importe do canon da auga que vai ter que pagar bastará con que mire a última factura da auga e que introduza os datos do volume de auga consumido (non o facturado, xa que no canon da auga non existen mínimos de facturación), o período de facturación do recibo (mensual, bimestral,...) e indique o número de persoas que residen na vivenda.

Debe ter en conta que por defecto se considera que existen tres persoas por vivenda, polo que no caso de residir máis persoas deberá solicitar a Augas de Galicia a modificación no número de persoas e, con elo, se teña en conta o número real de persoas beneficiándose de maiores volumes de auga nos tramos máis baratos. Aconsellámoslle que consulte a pregunta frecuente Cómo funciona o sistema de tramos da cota variable do canon da auga nos usos domésticos?.

Así mesmo, no caso de que teña concedida a bonificación no canon de saneamento ou no canon da auga para familias numerosas, deberá seleccionar dita opción de cara a aplicar a bonificación do 50% concedida. Para máis información sobre esta modificación pode consultar a pregunta frecuente A miña familia ten recoñecida a condición de familia numerosa… como teño que facer para solicitar a dedución do 50%?.

Finalmente, tamén ten a posibilidade de marcar a opción de captacións propias (pozo, manancial, etc) co que non será necesario que indique o volume nin o número de persoas, posto que o sistema establecerá un volume e un número de persoas prefixado.

Canon da Auga mensual
X.XX (detalle)

O que equivale a un canon da auga mensual de X.XX

INFORMACIÓN ADICIONAL:

Aos efectos de que vexa a variación do importe do canon da auga sobre o que anteriormente pagaría de canon de saneamento, informámoslle que o canon de saneamento mensual para este volume sería de 0.0 € , polo que o importe increméntase en 0.00.
Por outra parte, informámoslle de que o seu consumo mensual é de XXX litros por persoa.
Introduza un número maior que cero sen decimais nos campos
Nº persoas e Volume , e seleccione un Periodo de facturación.

Os usos non domésticos que consuman menos de 2.000 m³ ao ano teñen a consideración de usuarios asimilados a domésticos. Neste grupo atópanse a maioría dos pequenos comercios, oficinas, actividades profesionais, etc.

Denomínanse asimilados a domésticos pois se lles aplica o mesmo sistema de tramos que o establecido para usos domésticos, agás no que respecta ao primeiro tramo (os 6 primeiros metros cúbicos) onde o prezo a pagar será o mesmo que para os consumos situados no segundo tramo.

Polo tanto, para coñecer o importe do canon da auga que vai ter que pagar bastará con que mire a última factura da auga e que introduza os datos do volume de auga consumido (non o facturado, xa que no canon da auga non existen mínimos de facturación) e o período de facturación do recibo (mensual, bimestral, ...).

Para máis información sobre como se calcula o canon da auga nos usos asimilados a domésticos pode consultar a pregunta frecuente Cómo tributan os usos non domésticos e os asimilados a domésticos no canon da auga?

Canon da Auga mensual
X.XX (detalle)
O que equivale a un canon da auga mensual de X.XX

INFORMACIÓN ADICIONAL:

Aos efectos de que vexa a variación do importe do canon da auga sobre o que anteriormente pagaría de canon de saneamento, informámoslle que o canon de saneamento mensual para este volume sería de 0.0 € , polo que o importe increméntase en 0.00€.
Introduza un número sen decimais nos campos
Nº persoas e Volume , e seleccione un Periodo de facturación.
Tramos* Volume Tarifa Importes
Tramo 1 (m³) x =
Tramo 2 (m³) x =
Tramo 3 (m³) x =
Tramo 4 (m³) x =
Cota variable
Cota fixa ( €/mes)
Cota total
Bonificación familia numerosa (50%)
Bonificación captación propia (90%)
Cota final bonificada
* Tramos calculados para persoas e facturación .
* Tramos calculados para unha facturación .