9 Como se determina a base impoñible do canon da auga por estimación obxectiva?

O sistema de estimación obxectiva será de aplicación nas captacións e subministracións de auga onde non exista instalado un contador de auga.

Para estes supostos de ausencia de contadores o regulamento do canon da auga, no seu artigo 14, establece os distintos sistemas para cuantificar a base impoñible en atención ás características e ás circunstancias do aproveitamento, tendo en conta a capacidade de extracción, adución ou almacenamento de auga dos mecanismos instalados polo suxeito pasivo, así como a información que conste no rexistro administrativo do aproveitamento.