8 Teño un pozo... debo presentar algún tipo de declaración para o canon da auga?

Non. O Modelo de declaración de datos das fontes de abastecemento de auga só o deben presentar os usos domésticos que queiran tributar no canon da auga por estimación directa en base aos volumes reais consumidos, no lugar de tributar por estimación obxectiva en base a dotación de auga para vivenda. Para máis información sobre o sistema de estimación obxectiva pode consultar a pregunta é obrigatoria a instalación dun contador se a vivenda se abastece de captacións propias ou de comunidades de usuarios?.

No caso de querer tributar por estimación directa será necesario instalar un contador nas captacións propias de auga (pozo, manancial,...) e declarar cada catro meses os volumes de auga medidos polo contador.