8 Como se determina a base impoñible do canon da auga por estimación directa?

Para determinar a base impoñible por estimación directa será preciso dispoñer dun contador no abastecemento de auga.

  • No caso de abastecemento por entidade subministradora a base impoñible virá determinada polo volume subministrado por esta medido polo contador instalado.
  • No caso de abastecemento a partir de captacións propias a base impoñible virá determinada polo volume captado medido por contador homologado. Para estes efectos, os usuarios con captacións propias que queiran acollerse a este sistema de estimación están obrigados a instalar e manter ao seu cargo un contador, declaralo a Augas de Galicia mediante o modelo de Declaración de contador nas captacións propias de auga e, con carácter cuadrimestral, declarar as lecturas practicadas neses contadores mediante o modelo de Declaración periódica de lecturas de contadores