7 As vivendas que se abastezan de pozos particulares ou de comunidades de usuarios van ter que pagar o canon da auga?

Os usos domésticos con captacións propias (pozo, manancial, etc) ou que se abastezan dunha comunidade de usuarios non van ter que pagar o canon da auga, dado que a aplicación do sistema de dotacións que establece o regulamento e a bonificación do 90% dá como resultado un canon da auga mensual de 0,39 € por vivenda (0,40 € a partir del 01/01/2014) e, polo tanto, estamos ante un importe inferior ao límite que establece a Xunta de Galicia para considerar unha débeda como antieconómica, é dicir, o importe de canon da auga a esixir sería menor que o gasto que tería que afrontar Augas de Galicia para cobralo.

Sen embargo, no caso de que a comunidade de usuarios voluntariamente solicite actuar como entidade subministradora de auga, será a propia comunidade de usuarios a que virá obrigada a facturar o canon da auga aos seus comuneiros e, por tanto, nese suposto si que as vivendas virían obrigadas ao pago dos 0,39 € ao mes (0,40 € a partir del 01/01/2014).