7 Como se determina a base impoñible do canon da auga?

A determinación da base impoñible realizarase por:

  • Estimación directa.- Cando o usuario dispoña de contadores
  • Estimación obxectiva.- Cando o usuario non dispoña de contadores. Para estes efectos, entenderase que un usuario se acolle ao sistema de estimación obxectiva cando logo de transcorreren seis meses desde a entrada en vigor do canon da auga non dispoña de mecanismos de medición instalados.
  • Estimación indirecta.- Cando a Administración non poida determinala mediante os sistemas de estimación directa ou obxectiva.