6 É obrigatoria a instalación dun contador se a vivenda se abastece de captacións propias (pozo, manancial, etc) ou de comunidades de usuarios para a aplicación do canon da auga?

Aos efectos de aplicar o canon da auga non é precisa a instalación dun contador xa que a propia Lei prevé a posibilidade de determinar o volume que se consume nunha vivenda por estimación obxectiva en base ás dotacións básicas de auga para vivendas que se establecen nos instrumentos de planificación hidrolóxica. 

A tal fin o regulamento estableceu unha dotación por habitante e día de 151 litros,o que equivale a que nunha vivenda de tres persoas (número de persoas por vivenda que presume a Lei) se considere un volume mensual de 14 m³.

Pois ben, se a este volume lle aplicamos o sistema de tramos para usos domésticos e a bonificación do 90 % que establece a Lei para usos domésticos en pozos e comunidades de usuarios, obtemos un canon da auga mensual de 0,39 € por vivenda (0,40 € a partir do 01/01/2014), é dicir, menos de medio euro ao mes por vivenda..