6 Cal é a base impoñible do canon da auga?

A base impoñible do canon da auga ven constituída polo volume real ou potencial de auga utilizado ou consumido en cada mes natural, expresado en metros cúbicos. No caso dos usos non domésticos que dispoñan de contadores homologados de caudal de vertedura, e tributen na modalidade de carga contaminante, poderase considerar como base impoñible o volume de vertedura.