4 Que obrigas teñen os usos non domésticos e asimilados a domésticos no canon da auga?

Sen prexuízo das obrigas que se poidan establecer nas resolucións que se diten nos diferentes procedementos tributarios de determinación do canon da auga, os usos non domésticos da auga e asimilados a domésticos teñen as seguintes obrigas:

  • Tódolos titulares e usuarios reais de aproveitamentos de augas procedentes de captacións superficiais, subterráneas, pluviais ou de calquera outra procedencia suxeitos ao canon da auga, están obrigados a presentar a Declaración de datos das fontes de abastecemento de auga que conterá todos os datos e os elementos necesarios para a aplicación singular do tributo. Este modelo deberá ser presentado perante Augas de Galicia no prazo tres meses desde a entrada en vigor do canon da auga (01/07/2012).
  • Calquera modificación nos datos declarados na declaración inicial ou o inicio de novos aproveitamentos de auga deberá ser declarada mediante a presentación dun novo modelo de declaración no prazo de un mes desde que se produciu a modificación ou se iniciou o aproveitamento.
  • No caso de dispoñer de contadores instalados nas captacións propias de auga deberanse declarar a Augas de Galicia mediante o modelo de Declaración de contador nas captacións propias de auga no prazo de un mes desde a súa instalación. Así mesmo, e dentro dos primeiros vinte días naturais de cada cuadrimestre, deberá presentar o modelo de Declaración periódica de lecturas de contadores onde se declararán as lecturas dos contadores instalados.