4 Poden as comunidades de usuarios actuar como entidades subministradoras de auga aos efectos da aplicación do canon da auga?

As Comunidades de usuarios que queiran actuar como entidades subministradoras na xestión do canon da auga poden solicitalo a Augas de Galicia mediante a presentación do modelo de solicitude establecido ao efecto.

Unha vez ditada a resolución de autorización, as comunidades de usuarios virán obrigadas a repercutir o canon da auga aos seus comuneiros e, posteriormente, autoliquidar o importe percibido a Augas de Galicia, ademais de cumprir coas restantes obrigas formais.