4 Canto tería que pagar de canon da auga un uso agrícola, forestal ou gandeiro no caso de que se produza a contaminación especial?

Para cando se dan os supostos de contaminación especial a Lei de augas de Galicia establece un tipo de gravame moi reducido de 0,005 €/m³ (0,0051 €/m³ a partir do 01/01/2014) 

Por outra parte, nestes casos a suxeición será temporal posto que só estará suxeito desde o ano natural en que se produza a primeira das infraccións ata o ano natural seguinte ao que se producise a segunda das infraccións. A partir dese momento volverá a estar non suxeito.