3 Quen cobra o canon da auga?

No caso de abastecerse a través de entidade subministradora será esta que ven obrigada a incluír o canon da auga na propia factura da auga, polo que o seu pagamento se fará en conxunto co resto da factura da auga. Posteriormente, as entidades subministradoras deben ingresar o importe percibido a Augas de Galicia.

No caso de abastecerse de captacións propias de auga será Augas de Galicia quen, previa determinación do tributo, liquidará directamente o canon da auga vinculado a estas captacións por períodos cuadrimestrais.