3 En que casos as comunidades de usuarios teñen a consideración de suxeito pasivo a título de contribuíntes no canon da auga?

As comunidades de usuarios que estean legalmente constituídas unicamente terán a consideración de suxeitos pasivos a título de contribuíntes no canon da auga cando non actúen como entidades subministradoras e Augas de Galicia non dispoña da relación dos comuneiros que as constitúen.

No caso de que a comunidade teña a consideración de suxeito pasivo a titulo de contribuínte, o canon da auga será directamente liquidado por Augas de Galicia á comunidade, pudendo dita comunidade repercutir posteriormente o canon aos seus comuneiros sen que, en ningún caso, o canon total repercutido sexa superior ao liquidado por Augas de Galicia.