3 Cómo funciona o sistema de tramos da cota variable do canon da auga nos usos domésticos?

O sistema de tramos se fundamenta en dous aspectos:

  1. Establécense distintos prezos en función dos distintos tramos de consumo, de maneira que os consumos máis elevados teñan un tipo de gravame máis elevado
  2. Tense en conta o número de persoas na vivenda, de maneira que se evita que en vivendas con moitas persoas se penalice o consumo elevado pero acorde co número de persoas

Este sistema plásmase na determinación da cota variable do canon da agua segundo a táboa seguinte:

  Tipo de gravame por ano
Tramo Volume no tramo (m³/mes) 2012 - 2013 2014
Consumo de 0 a 2*n 0,00 €/m³ 0,00 €/m³
Consumo de 2*n a 4*n 0,28 €/m³ 0,29 €/m³
Consumo de 4*n a 8*n 0,36 €/m³ 0,37 €/m³
Consumo superior a 8*n 0,41 €/m³ 0,42 €/m³

Onde “n” é o número de persoas na vivenda

Se substituímos “n” en distintos tamaños de vivendas vemos como queda o sistema de tramos

  Tramos de consumo (m3/mes) en función do número de persoas
Tramo 1 persoa 2 persoas 3 persoas* 4 persoas 5 persoas 6 persoas 7 persoas
0 – 2 0 – 4 0 – 6 0 – 8 0 – 10 0 – 12 0 – 14
3 - 4 5 – 8 7 - 12 9 – 16 11 - 20 13 – 24 15 – 28
5 - 8 9 – 16 13 – 24 17 – 32 21 – 40 25 – 48 29 – 56
>8 >16 >24 >32 >40 >48 >56

* A Lei establece que por defecto se aplique o tramo de 3 persoas por vivenda

Da observación desta táboa pódese comprobar que os metros cúbicos gratuítos (primeiro tramo a 0,00 €/m³) vai aumentando en función do número de persoas, de maneira que unha vivenda de tres persoas terá 6 m³ ao mes polos que non terá que pagar canon da auga, mentres que se son 6 persoas os metros cúbicos gratuítos ascenden a 12 m³ ao mes. É dicir, a maior número de persoas, máis metros cúbicos se sitúan no tramo gratuíto.

Polo tanto, e dado que a Lei establece que por defecto se aplique o tramo de 3 persoas por vivenda, as vivendas de menos de tres persoas veranse beneficiadas dun número de metros cúbicos gratuítos (6 m³/mes) maior do que correspondería de ter en conta o número real de persoas e, polo contrario, as vivendas de máis de tres persoas se verán prexudicadas agás que acrediten un número diferente de persoas na vivenda.