3 Cales son os supostos de contaminación especial nos que os usos agrícolas, forestais ou gandeiros terían que pagar o canon da auga?

Considérase que existe unha contaminación especial nos usos agrícolas, forestais ou gandeiros e, por tanto, estarían suxeitos estes usos si:

  1. realizan os seus vertidos á rede de sumidoiros

    ou

  2. danse as dúas condicións seguintes (deben darse as dúas):
    • O titular da explotación foi sancionado en dúas ocasións por infraccións en materia de vertidos de augas residuais cometidas nun mesmo ano natural ou dous consecutivos. A estes efectos non se terán en conta as sancións correspondentes a infraccións cometidas con anterioridade á entrada en vigor do presente regulamento.
    • Unha vez se sancionase por segunda vez, a consellería competente en materia agrícola, forestal e gandeira, a petición de Augas de Galicia, emita informe no que conclúa que a explotación incumpre o disposto no Código galego de boas prácticas agrarias recollido na Directiva do Consello 91/676/CEE no relativo á xestión dos xurros xerados na explotación.

En consecuencia, todos os usos agrícolas, forestais ou gandeiros parten dunha situación de non suxeición e só se se dan os supostos arriba mencionados virían suxeitos ao canon da auga.