2 Para que se destina o recadado de canon da auga?

A recadación que se obteña co canon da auga queda afectada ao desenvolvemento de programas de gasto que promovan:

  1. A prevención en orixe da contaminación e a recuperación e o mantemento dos caudais ecolóxicos.
  2. A consecución dos obxectivos medioambientais fixados pola lexislación e pola planificación hidrolóxica aplicable, e particularmente a dotación dos gastos de investimento, explotación e xestión das infraestruturas que se prevexan.
  3. O apoio económico ás administracións que dentro da Comunidade Autónoma de Galicia exerzan competencias no ámbito do ciclo urbano da auga.
  4. Calquera outro gasto que xere o cumprimento das funcións que se lle atribúen a Augas de Galicia.