2 Cómo tributan os usos non domésticos e os asimilados a domésticos no canon da auga?

O canon da auga ten dúas compoñentes: unha fixa e outra variable.

  1. A compoñente fixa será:
    1. Nos usos asimilados a domésticos a cota fixa será de 1,5 € por contribuínte e mes, agás que o volume mensual non supere o volume establecido no primeiro tramo (6 m³/mes), en cuxo caso a cota fixa será de 0,50 € por contribuínte e mes.A partir do 1/01/2014 as compoñentes fixas serán de 1,54 € e 0,51 €, respectivamente.
    2. Nos usos non domésticos a cota fixa será de 2,5 € por contribuínte e mes.A partir do 1/01/2014 a compoñente fixa será de 2,57 € por contribuínte e mes.
  2. A compoñente variable determinarase de distinta maneira segundo sexa un uso non doméstico ou ben un uso asimilado a doméstico.
    1. No caso de ser un uso asimilado a doméstico o sistema para determinar a cota variable, ao igual que ocorre cos usos domésticos, será un sistema progresivo en función de tramos de consumos, coa salvidade de que o primeiro tramo tributa ao tipo de gravame do segundo
        Tipo de gravame
      Tramo Volume no tramo (m³/mes) 2012 - 2013 2014
      Consumo de 0 a 6 0,28 €/m³ 0,29 €/m³
      Consumo de 7 a 12 0,28 €/m³ 0,29 €/m³
      Consumo de 13 a 24 0,36 €/m³ 0,37 €/m³
      Consumo superior a 24 0,41 €/m³ 0,42 €/m³
    2. No caso de ser un uso non doméstico o tipo de gravame da cota variable determinarase
      • Na modalidade de volume, de acordo coa tarifa vixente no período devengado de xeito que para os anos 2012 e 2013 será 0,421 €/m³ e para o ano 2014 será de 0,433 €/m³. Esta modalidade é a que aplica por defecto agás que se opte por tributar na modalidade de carga contaminante.
      • Na modalidade de carga contaminante, naqueles casos en que Augas de Galicia, de oficio ou a instancia do suxeito pasivo, opte por determinar o tipo de gravame en función da contaminación producida a partir dos seguintes valores dos parámetros de contaminación para cada ano:
        Parámetro 2012 - 2013 2014
        Materias en suspensión 0,246 €/kg. 0,253 €/kg.
        Materias oxidables 0,493 €/kg. 0,507 €/kg.
        Nitróxeno total 0,369 €/kg. 0,380 €/kg.
        Fósforo total 0,740 €/kg. 0,761 €/kg.
        Sales solubles 3,955 €/S/cmm³. 4,070 €/S/cmm³.
        Metais 11,113 €/kg equimetal. 11,435 €/kg equimetal.
        Materias inhibidoras 0,052 €/equitox. 0,054 €/equitox.