2 Como tributan os usos específicos no canon da auga?

O canon da auga ten dúas compoñentes: unha fixa e outra variable.

  1. A compoñente fixa é de 2,5 € por contribuínte e mes para os anos 2012 e 2013 e de 2,57 € por contribuínte e mes para o ano 2014.
  2. A compoñente variable é a seguinte para cada tipoloxía de usuario e ano
    Tipo de uso 2012 - 2013 2014
    usos industriais de refrixeración 0,0001 €/m³ 0,000103 €/m³
    usos de produción de enerxía hidroeléctrica

    0,0004 €/kWh (réxime ordinario)

    0,00025 €/kWh (réxime especial)

    0,00041 €/kWh (réxime ordinario)

    0,00026 €/kWh (réxime especial)

    usos agrícolas, forestais e gandeiros (cando estean suxeitos) 0,005 €/m³ 0,0051 €/m³
    usos de augas termais e mariñas na actividade balnearia 0,05 €/m³ 0,051 €/m³
    usos de auga para a rega de instalacións deportivas

    0,01 €/m³ (con certificados de sistemas de xestión ambiental ISO 14001 ou EMAS)

    0,1 €/m³. (sen certificados)

    0,0103 €/m³ (con certificados de sistemas de xestión ambiental ISO 14001 ou EMAS)

    0,103 €/m³. (sen certificados)

    usos de auga en acuicultura 5 €/Tm. 5,1 €/Tm.
    usos de auga en depuradores de moluscos 0,001 €/m³ 0,00103 €/m³