12 Xa teño concedida a bonificación por familia numerosa no canon de saneamento… teño que volver a solicitala?

As familias numerosas que, no momento do inicio da aplicación do canon da auga, teñan recoñecida a dedución no canon de saneamento, non terán que solicitar de novo a dedución no canon da auga. Nestes casos a aplicación da dedución será automática sen necesidade de pedila, sempre e cando se manteña a condición de familia numerosa.