12 Os Centros de iniciativa social están exentos do canon da auga?

As entidades de iniciativa social, tanto públicas como privadas, sen ánimo de lucro que presten servizos directos a persoas en risco ou en situación de exclusión social poden solicitar estar exentos do pagamento do canon da auga.

A tal efecto deben presentar o modelo de solicitude establecida ao efecto e cumprir os seguintes requisitos:

  1. Ser unha entidade sen ánimo de lucro.
  2. Prestar servizos directos a persoas en risco ou en situación de exclusión social.
  3. Figurar inscrita no Rexistro único de entidades prestadoras de servizos da Xunta de Galicia.