11 Xa estou tributando na modalidade de carga contaminante no canon de saneamento... teño que presentar unha nova declaración se quero seguir tributando nesa modalidade no canon da auga?

Os suxeitos pasivos do canon da auga que estean tributando no canon de saneamento na modalidade de carga contaminante poderán solicitar seguir tributando nesa modalidade no canon da auga sempre e cando

  • O solicite nos tres primeiros meses desde a entrada en vigor do canon da auga
  • Aporte un informe analítico de vertido relativo aos parámetros Nitróxeno Total e Fósforo Total. Para os restantes parámetros tomaranse as concentracións contaminantes vertidas tomadas como base na resolución do canon de saneamento.

De non presentar esa solicitude no prazo sinalado de tres meses, o contribuínte tributará no canon da auga na modalidade de volume, sen prexuízo da posibilidade de solicitar posteriormente tributar por carga contaminante .