11 A miña familia ten recoñecida a condición de familia numerosa… cómo teño que facer para solicitar a dedución do 50% no canon da auga?

As familias numerosas que teñan recoñecida tal condición polos servizos competentes da Xunta de Galicia, disfrutarán dunha dedución do 50 % no canon da auga.

Para solicitar a dedución a persoa que figure como titular no título de familia numerosa deberá presentar o modelo de solicitude, debendo cumprir os seguintes requisitos:

  1. O enderezo para o que se solicita a dedución debe coincidir co enderezo en que se atopa empadroada a unidade familiar.
  2. No caso de abastecerse a partir de entidade subministradora, o titular do contrato de subministro de auga deberá coincidir con algún dos membros da unidade familiar. Noutro caso, o solicitante deberá acreditar que ten domiciliado o pagamento da factura-recibo de auga en algunha conta bancaria da que sexa titular.
  3. A dedución na cota por familia numerosa só poderá obterse na vivenda principal, sen que poida ser concedida nas restantes vivendas que poida ter calquera dos membros que constitúan a familia numerosa.

 Unha vez recibida a solicitude Augas de Galicia, previa comprobación dos datos declarados, procederá a ditar unha resolución e a comunicarlle a bonificación á entidade subministradora de auga.

A dedución terá efectos a partir do primeiro día natural do terceiro mes seguinte á presentación completa da solicitude.

Nota: No caso de ter concedida a bonificación por familia numero no canon de saneamento non ten que presentar de novo a solicitude. Para máis información pinche aquí