10 Existe algún tipo de bonificación no canon da auga?

Si. As familias numerosas terán unha bonificación do 50 %, polo que o importe do canon da auga a pagar verase reducido á metade. Para máis información sobre esta bonificación consulte a pregunta A miña familia ten recoñecida a condición de familia numerosa… como teño que facer para solicitar a dedución do 50%?

 

Así mesmo, os usos domésticos procedentes de pozos propios e os consumos de traídas veciñais terán unha bonificación do 90%, é dicir, só terían que pagar o 10% en relación ao que tería que pagar de consumir o mesmo volume de auga procedente de subministro municipal. Para saber como lle vai afectar esta bonificación consulte a pregunta As vivendas que se abastezan de pozos particulares ou de comunidades de usuarios van ter que pagar?