10 Como podo solicitar tributar na modalidade de carga contaminante no canon da auga?

Para pasar a tributar na modalidade de carga contaminante bastará con que se presente o modelo de Declaración de carga contaminante, xunto cos correspondentes informes analíticos dos vertidos. A partir de aí iniciarase un procedemento de determinación que finalizará cunha resolución na que se establecerá un tipo de gravame individualizo para dito contribuínte en base aos datos contidos na declaración e outros dos que poida dispoñer Augas de Galicia, singularmente os obtidos nas labores de inspección e comprobación que poida levar a cabo. Unha vez determinada a nova tarifa, no caso de abastecerse de entidade subministradora, Augas de Galicia procederá a comunicarlle a tarifa para que a inclúa nas facturas-recibo de auga.

O novo tipo de gravame na modalidade de carga contaminante terá efectos desde o período de facturación seguinte ao que se presente a declaración á que fai referencia o parágrafo anterior, agás no suposto de que non se ditasen liquidacións correspondentes á produción do feito impoñible con anterioridade á notificación da resolución, en cuxo caso a tarifa establecida na resolución aplicarase aos períodos cuadrimestrais anteriores non liquidados.

Nota: No caso de xa estar tributando na modalidade de carga contaminante no canon de saneamento consulte aquí.