1 Que usos se consideran usos non domésticos e cales usos asimilados a domésticos no canon da auga?

Son usos non domésticos da auga os correspondentes ás actividades incluídas na Clasificación nacional de actividades económicas. Polo tanto son usos non domésticos todo tipo de actividade empresarial ou pública.

Non obstante, dentro dos usos non domésticos aqueles que consuman menos de 2000 m³ no ano inmediato anterior terán a consideración de asimilados a domésticos, a non ser que da súa carga contaminante vertida resulte unha cota do canon da auga nesta modalidade superior nun 20% da resultante de o aplicar na modalidade de volume.