1 Que usos se consideran usos específicos no canon da auga?

Son usos específicos os usos non domésticos vinculados a actividades concretas para os que a Lei establece un tipo de gravame específico. Actualmente a Lei contempla os seguintes usuarios específicos:

  • usos industriais de refrixeración
  • usos de produción de enerxía hidroeléctrica
  • usos agrícolas, forestais e gandeiros (cando estean suxeitos)
  • usos de augas termais e mariñas na actividade balnearia
  • usos de auga para a rega de instalacións deportivas
  • usos de auga en acuicultura
  • usos de auga en depuradores de moluscos