1 Que usos se consideran agrícolas, forestais ou gandeiros no canon da auga?

Son usos agrarios, gandeiros e forestais os correspondentes ás actividades clasificadas na Sección A, Divisións 01 e 02, da Clasificación Nacional de Actividades Económicas, aprobada polo Real Decreto 475/2007, do 13 de abril.

Agás proba en contrario, os usos agrarios, gandeiros e forestais aos que se refire o parágrafo anterior serán os efectuados polos suxeitos pasivos que realicen ditas actividades e figuren inscritos no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia creado polo Decreto 253/2008, do 30 de outubro, polo que se crea e regula o rexistro de explotacións agrarias de Galicia.