1 Cal é o prezo do canon da auga para os usos domésticos?

O canon da auga ten dúas compoñentes: unha fixa e outra variable.

  • A compoñente fixa consiste nun importe mensual que deben pagar todas as vivendas indistintamente do volume de auga consumido. Non obstante, existe unha cota fixa reducida para aquelas vivendas cuxo consumo mensual é igual ou inferior ao tramo social (6 m³ en vivendas de tres ou menos persoas, 8 m³ en vivendas de catro persoas, 10 m³ en vivendas de 5 persoas,…).

 

  Anos
  2012 - 2013 2014
Cota fixa reducida 0,5 €/mes 0,51 €/mes
Cota fixa xeral 1,5 €/mes 1,54 €/mes

 

 

  • A compoñente variable é un sistema progresivo que toma en consideración o volume consumido e o número de persoas que habitan a vivenda, desta forma, dúas vivendas que realicen o mesmo consumo mensual pagarán distinto canon da auga en función das persoas que habiten na vivenda. Se quere saber como funciona o sistema de tramos na cota variable pinche aquí.
    Tipo de gravame por ano
Tramo Volume no tramo (m³/mes) 2012 - 2013 2014
Consumo de 0 a 2*n 0,00 €/m³ 0,00 €/m³
Consumo de 2*n a 4*n  0,28 €/m³ 0,29 €/m³
Consumo de 4*n a 8*n 0,36 €/m³ 0,37 €/m³
Consumo superior a 8*n 0,41 €/m³ 0,42 €/m³

(Onde n é o número de persoas na vivenda)

Este sistema permite adaptar os distintos tramos de consumo ao número de persoas que residen na vivenda, de maneira que, por exemplo, se aplicamos as tarifas do ano 2013 a unha vivenda de 3 persoas que consuma 15 m³ ao mes pagará 4,26 €, mentres que para ese mesmo volume pagará 2,90 € se son 5 persoas.